domingo, 28 de febrero de 2010

PEREGRINO

Camiña,
Naciches para o camiño.
Camiña,
Tes unha cita
¿Onde?¿Con quen?
Aínda non o sabes,
¿Quizais contigo mesmo?
Camiña,
Os teus pasos serán as túas palabras,
O vieiro a túa canción,
A canseira a túa oración,
O final, o teu silencio falarache.
Camiña,
So, con outros,
Pero sae de ti mesmo.
Creácheste rivais,
Encontrarás compañeiros
Imaxinácheste inimigos
Faraste con amigos.
Camiña,
A túa mente non sabe
Onde os pasos
levan o teu corazón.
Camiña,
Naciches para face-lo camiño,
O do peregrino.
Outro camiño cara a ti
E búscate
Para que ti poidas encontralo.
No santuario, meta do camiño,
No santuario, no profundo
do teu corazón.
El é a túa paz,
El é a túa ledicia.
Vaite,
Deus xa camiña contigo.

Ahora que estamos en Año Santo que mejor momento para ser peregrinos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario